[GAL]
Carlos Martínez-Peñalver Mas (Vigo, 1991) é director, montador e fundador da produtora galego-catalana Omen. O seu cinema transita entre a realidade e a ficción, explorando os imaxinarios colectivos dos territorios nos que filma.
Graduouse en Comunicación Audiovisual entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat Pompeu Fabra. Completou a súa formación co Máster de Montaxe da ESCAC e o Máster de Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo da Universitat Pompeu Fabra, no que desenvolveu unha tesina sobre a emoción cinematográfica no corte de montaxe.
Como director, realizou as curtametraxes Nocturna (2015), Xuventud Gruyère (2016), Despois da Bandeira (2017) e Como desaparecer (2018), así como a longametraxe À procura da estrela (2023). Os seus filmes foron seleccionados e premiados en festivais internacionais e nacionais como Oberhausen, Entrevues (Belfort), Porto/Post/Doc, FICX (Xixón), Cinespaña (Toulouse), D’A – Festival de Cinema d’Autor de Barcelona, Rizoma (Madrid) ou a Mostra de Cinema Periférico S8 (A Coruña), entre outros.
Como montador, traballou como axudante de montaxe en películas como Mimosas, de Oliver Laxe, galardoada co Gran Premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes. Montou as longametraxes Ningún río me protexe de min, de Carla Andrade; Alén Mar, de Andrés Sanjurjo; e O rastro firme, de Fernando G. Luna.
A través da súa produtora, Omen, desenvolve proxectos de realización e montaxe para diversas institucións culturais como o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), o Palau de la Música Catalana ou a Fundació Joan Brossa.
Tamén é docente de linguaxe audiovisual e montaxe no Istituto Europeo di Design (IED) de Barcelona.
[ENG]
Carlos Martínez-Peñalver Mas (Vigo, 1991) is a director, editor, and founder of the Galician-Catalan production company Omen. His filmmaking navigates between reality and fiction, exploring the collective imaginaries of the territories where he shoots.
He graduated in Audiovisual Communication between the University of Santiago de Compostela and Pompeu Fabra University. He furthered his studies with a Master’s in Editing at ESCAC and a Master’s in Contemporary Film and Audiovisual Studies at Pompeu Fabra University, where he wrote a thesis on cinematic emotion in film editing.
As a director, he has made the short films Nocturna (2015), Xuventud Gruyère (2016), Despois da Bandeira (2017), and Como desaparecer (2018), as well as the feature film À procura da estrela (2023). His films have been selected and awarded at international and national festivals such as Oberhausen, Entrevues (Belfort), Porto/Post/Doc, Cinespaña (Toulouse), D’A – Festival de Cinema d’Autor de Barcelona, Rizoma (Madrid), and the S8 Mostra de Cinema Periférico (A Coruña), among others.
As an editor, he worked as an assistant editor on films such as Mimosas by Oliver Laxe, which won the Grand Prize at the Cannes Critics’ Week. He has edited the feature films Ningún río me protexe de min by Carla Andrade, Alén Mar by Andrés Sanjurjo, and O rastro firme by Fernando G. Luna.
Through his production company, Omen, he develops directing and editing projects for cultural institutions such as the Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), the Palau de la Música Catalana, and the Joan Brossa Foundation.
He is also a lecturer in audiovisual language and editing at the Istituto Europeo di Design (IED) in Barcelona.